Obradoiros de poesía e de luces e sombras na Escola Infantil de Lestedo

Obradoiros de poesía e de luces e sombras na Escola Infantil de Lestedo
Obradoiros de poesía e de luces e sombras na Escola Infantil de Lestedo

No día de hoxe están a desenvolver varios obradoiros para os nenos e nenas da escola

Na Escola Infantil de Lestedo están a desenvolver varias actividades no día de hoxe para os nenos e nenas da escola. 

Por unha parte, hai un obradoiro de poesía para os pequenos. Mar Venegas ten unha colección de libros infantiles de poesía, e xa que a Escola Infantil está co proxecto da Biblioteca dedicado á poesía, conseguiron que viñera a facer un taller cos nenos e nenas da escola. Traballa cos pequenos a través da poesía en varios niveles: grupos de 3-4 anos, grupos de 4-5 anos e o maiores.

Por outra parte, teñen un obradoiro de luz e sombra. Nel os nenos xogan a ser os donos da luz, e da sombra. Teñen uns focos que van cambiando cos filtros que lles poñen entón van xogando coas sombras. Tamén coa bola de luz, eles van aprendendo que dirixindo a bola de luz, eles poden sacar unhas ou outras imaxes. Ademáis fan unha batalla de espellos: un é o dono da luz e outro e o dono da sombra que se vai agachando.

A directora do centro salienta estos obradoiros e o didácticos que son: "É increíble como a través do xogo podes meterlle estos coñecementos aos nenos sen que sexa algo pesado".


Comentarios
Lo más