Iria Pinheiro comparte a súa vivencia como vítima de violencia obstétrica este venres no Milladoiro

Iria Pinheiro comparte a súa vivencia como vítima de violencia obstétrica este venres no Milladoiro
Iria Pinheiro comparte a súa vivencia como vítima de violencia obstétrica este venres no Milladoiro

Este venres, 22 de marzo, a actriz Iria Pinheiro chega á Casa da Cultura do Milladoiro para compartir a súa experiencia como vítima de violencia obstétrica en Anatomía dunha serea

Mañá venres, 22 de marzo, a actriz Iria Pinheiro chega á Casa da Cultura do Milladoiro para compartir a súa experiencia como vítima de violencia obstétrica en Anatomía dunha serea. Mediante esta crítica emitida pola propia protagonista desta historia real, a actriz quere facer visible e denunciar unha situación que sofren moitas mulleres durante o seu embarazo. As entradas para acudir como público a esta peza están dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Como é habitual, reservarase o 10% para vender o día da representación.

A violencia obstétrica abarca calquera acción que patoloxice os procesos reprodutivos naturais e biolóxicos, e tradúcese nun trato deshumanizado por parte dos profesionais da saúde durante o embarazo e/ou o parto. Asemade, este tema supón o punto central de Anatomía dunha serea, un berro sobre a medicalización da maternidade, a desigualdade de xénero e outros moitos temas que a protagonista e moitas outras mulleres viviron en primeira persoa, e que lles deixaron secuelas tanto físicas como psicolóxicas.

A obra, dirixida e protagonizada por Iria Pinheiro, resulta nunha reflexión sobre a violencia que en moitas ocasións sufre a muller durante un proceso tan natural como é o embarazo. Así, durante 75 minutos a actriz falará sobre a súa experiencia durante o parto do seu primeiro fillo dunha maneira directa, aberta e autocrítica. Anatomía dunha serea representase este venres, 22 de marzo, na Casa da Cultura do Milladoiro a partir das 21.00 horas.

As entradas para acudir a esta peza xa poden adquirirse a través da Billeteira electrónica. Así, os billetes teñen un custo de 5 euros en tarifa xeral, con descontos do 50% para persoas maiores de 65 anos, menores de 12 e estudantes con carné. Asemade, o 10% das entradas resérvanse, como é habitual, para vender de xeito presencial unha hora antes do comezo do espectáculo.

Comentarios