O Sergas responde ante as agresións sufridas por vixilantes de seguridade no CHUS

O Sergas responde ante as agresións sufridas por vixilantes de seguridade no CHUS
Foto de arquivo
O Sergas responde ante as agresións sufridas por vixilantes de seguridade no CHUS

Dende a área sanitaria de Santiago aseguran que xa levan tempo incorporadas as medidas de protección solicitadas agora por forzas sindicais nos medios de comunicación

Ante a denuncia dos sindicatos de dúas agresións sufridas por vixilantes de seguridade do CHUS, o SERGAS responde a través dun comunicado que recibiu COMPOSTELA24HORAS que a Xerencia de Xestión Integrada de Santiago ven de incorporar importantes melloras no ámbito da seguridade nos seus centros, cunha maior dotación de equipos e incremento de medios na vixilancia, control e seguridade. 

Dende a área sanitaria de Santiago aseguran que polo tanto, xa levan tempo incorporadas as medidas de protección solicitadas agora por forzas sindicais nos medios de comunicación. E que ademáis conta cunha dotación de persoal dimensionada e axeitada ás súas necesidades actuais, non tendo rexistrado un incremento destacado de demanda de intervencións nos últimos anos.

Informan que desde mediados do pasado ano iniciouse o estudo e implantación dunha extensa rede de vixilancia e control de preto de 100 cámaras de seguridade en lugares comúns, tanto nos exteriores como no interior, debidamente sinalizadas e cos controis e permisos regulamentarios, que veñen complementar ás xa existentes. "E tamén está xa en funcionamento un novo centro de control e coordinación atendido con persoal de seguridade as 24 horas".

"Os vixilantes de seguridade da xerencia compostelá foron os primeiros en contar cunha nova e completa dotación de material para desenvolver con maior protección o seu labor profesional, intrínsecamente exposta a situacións de risco", resalta o Sergas.

Tamén engaden que teñen incorporado á súa dotación guantes anticorte, chalecos antitrauma; escudos de protección tipo policial; e mesmo spray de defensa persoal, para o que se tivo que solicitar autorización expresa á Dirección General de la Policía.

Comentarios