Encontro entre UNICEF Comité Galicia e Xoán Bascuas

Encontro entre UNICEF Comité Galicia e Xoán Bascuas
Encontro entre UNICEF Comité Galicia e Xoán Bascuas

Compromiso vai darlle protagonismo á infancia e á adolescencia no vindeiro mandato

Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia nas vindeiras eleccións locais, e representantes de Unicef Comité Galicia mantiveron unha xuntanza na que trataron as propostas de cara ás eleccións municipais de maio de 2019. Deste xeito, unha delegación da Executiva local de Compromiso tivo ocasión de coñecer de primeira man a situación actual da infancia no conxunto de Galicia e tamén do Concello de Santiago, así como os logros acadados e os retos e compromisos pendentes por esta entidade.

Dende Compromiso asumen como propio o obxectivo de facer de Santiago na próxima lexislatura "Cidade amiga da infancia". Isto implica identificar como prioridade aos nenos, ás nenas e adolescentes nas súas actuacións. Esta iniciativa xa está participada por nove concellos galegos. Seguindo este exemplo, a Agrupación galeguista ve necesario “poñer en marcha o Consello de Participación Infantil, onde se poida traballar nas cuestións de maior importancia para a infancia e adolescencia a nivel municipal, elaborando informes de situación, establecendo mecanismos de coordinación para defender os dereitos dos nenos, nenas e adolescentes”.

Compromiso valora moi positivamente o encontro con Unicef Comité Galicia e asumen como propias as súas demandas e obxectivos na protección da infancia e adolescencia.

Comentarios