Denuncian por utilización dunha parcela forestal como vertedoiro de residuos por parte do propio Concello de Touro

Denuncian por utilización dunha parcela forestal como vertedoiro de residuos por parte do propio Concello de Touro
Denuncian por utilización dunha parcela forestal como vertedoiro de residuos por parte do propio Concello de Touro

Aldea Viva pide o cesamento inmediato do Sr. Concelleiro delegado de Medio Ambiente e Agricultura, don Alfredo Souto Castel

Segundo Aldea Viva, os feitos localízanse no predio nº 382 da concentración parcelaria da zona de Touro-Quion, localizada en terreo forestal preto do núcleo de Mourelos Hermo, parroquia de Touro. O destino do predio, segundo a Resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, é para “depósito de madeira e maquinaria contra incendios”.

Aldea Viva informa que o estado actual do predio é un vertedoiro encuberto de residuos, sen ningún tipo de tratamento, nin xestión, nin control dos mesmos; principalmente residuos procedentes de obras de construción e demolición. En toda a extensión da parcela hai amoreadas e ciscadas centos de toneladas de residuos de natureza de formigón, residuos de elementos de edificación de natureza plástica de distintos tipos (PVC, tubos de polietileno…), elementos metálicos, etc. Todos estes residuos son vertidos directamente sobre o terreo natural e sen ningún tipo de cubrición nin tratamento.

Tamén relatan que as augas da chuvia escorren polos residuos cara as parcelas lindantes e pola cuneta da pista á que ten acceso, contaminando as augas e o solo.

Segundo o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Touro, este terreo está clasificado como Solo Rústico de Protección Forestal e Solo Rústico de Protección de Infraestruturas, polo que en ningún caso está autorizado o seu como vertedoiro. Este incumprimento derivaría na reversión da titularidade dos mesmos, afirman a asociación.

Delito contra o Medio Ambiente e efecto chamada

Aldea Viva denuncia que é a propia Administración Local, presidida por Ignacio Codesido do Partido Popular, a que incumpre a normativa de xestión dos residuos de construción e demolición, incumprindo tamén o propio PXOM e a Lei do Solo en canto aos usos do solo. Trátase de feitos que poderían ser constitutivos de delito contra o medio ambiente, e tamén derivar en sancións en prexuízo do erario público municipal.

A utilización de terreos como vertedoiros, como é o caso, á marxe dos incumprimentos en materia de legalidade urbanística, Lei do Solo e en materia medio ambiental e de xestión de residuos, acaba provocando un efecto chamada incluso na poboación (máxime cando é a Administración Local, a máis próxima ao cidadán, quen efectúa), polo que os feitos son de extrema irresponsabilidade por parte do Concello de Touro.

A asociación Aldea Viva pide o cese inmediato do concelleiro de Medio Ambiente Alfredo Souto, ao que acusan de mirar para outro lado ante cada un dos delitos medioambientais que se levan producindo en Touro durante os últimos 20 anos.

Comentarios
Lo más