O COTSG centra na praxe feminista a celebración do Día Mundial do Traballo Social

O COTSG centra na praxe feminista a celebración do Día  Mundial do Traballo Social
O COTSG centra na praxe feminista a celebración do Día Mundial do Traballo Social

A xornada compoñerase de relatorios, actuación musical de Silvia Penide etrivial feminista

Hoxe venres 22 de marzo, no edificio Cersia, en Santiago de Compostela, o COTSG celebra o Día Mundial do Traballo Social. Para esta convocatoria o Colexio Oficial de Traballo Social (COTSG) decidiu centrarse na praxe e a óptica feminista na profesión. Desde a Xunta de Goberno sinalan que "a visión feminista é fundamental na intervención que facemos desde o traballo social" e tamén pretende ser un "gran de area na concienciación feminista cara a que avanza a sociedade tal e como vimos o 3 e o 8 de marzo".

Por este motivo, as xornadas técnicas estarán impartidas pola directora do centro de emerxencias para a violencia de xénero (CEMVI), Elena Molanes, que abordará o empoderamento das mulleres desde a praxe profesional. O outro relatorio individual desenvolverao unha traballadora social especialista en violencia de xénero, Chus Olivares. Por outra banda, un grupo de alumnado do Grao de Traballo Social narrará experiencias de concienciación e intervención desde unha perspectiva feminista.

Desde a Xunta de Goberno afirman que conciben a xornada como algo "formativo pero tamén lúdico". Por ese motivo as persoas asistentes poderán desfrutar da actuación musical de Silvia Penide e xogar ao trivial feminista mentres degustan uns petiscos. Ademais, o COTS entregaráos premios nas modalidades de Boas Prácticas e TFG/TFM e fará unha homenaxe ás persoas que levan 25 anos colexiadas. No caso da modalidade de Boas Prácticas o proxecto gañador foi CoidarNos: programa de apoio a persoas coidadoras de familiares en situación de dependencia, da colexiada Ana Anta e a psicóloga Yolanda Neira. Dito proxecto pioneiro desenvólvese no Concello de Boqueixón. Na modalidade TFG/TFM o traballo gañador resultou ser o TFM SAF: SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR. É o servizo de axuda no fogar un servizo de limpeza encuberto? do colexiado Javier Bendaña.

Comentarios
Lo más