A Deputación da Coruña investirá 1,2 millóns de euros na primeira fase das obras de ampliación da estrada DP 7802 de Roxos a Reborido, en Santiago

A Deputación da Coruña investirá 1,2 millóns de euros na primeira fase das obras de ampliación da estrada DP 7802 de Roxos a Reborido, en Santiago
A Deputación da Coruña investirá 1,2 millóns de euros na primeira fase das obras de ampliación da estrada DP 7802 de Roxos a Reborido, en Santiago

O proxecto vén de ser aprobado por unanimidade na comisión de Vías e Obras e será refrendado polo pleno do 29 de marzo

A comisión de Vías e Obras da Deputación da Coruña vén de aprobar por unanimidade a primeira fase do proxecto de ampliación e mellora do trazado da estrada provincial DP 7802 de Roxos a Reborido, en Santiago de Compostela.

O Goberno provincial presidido por Valentín González Formoso investirá máis de 1,2 millóns de euros nas obras, dos que 1.123.606 € se destinarán ao financiamento dos traballos e 101.649,50 ás expropiacións necesarias para a súa execución. O proxecto será aprobado definitivamente no pleno do vindeiro 29 de marzo e suporá unha importante mellora da seguridade do tráfico, ao contemplar un ancheamento da calzada e a creación de arcéns de seguridade nos laterais.

Nesta primeira fase levarase a cabo o ancheamento e mellora do vial dende o punto quilométrico 0+390 (Roxos) até o 2+620, unha vez atravesado o núcleo rural de Frais. O seguinte quilómetro 2+620 ao 3+710 (Reborido) será obxecto da segunda fase.

O inicio da estrada (PK 0+000) ten lugar en Roxos, enclave cercano a Santiago con carácter urbano no que se inicia unha estrada de dous carrís cun ancho de 7 metros, franxas para aparcadoiro e beirarrúas en ambas marxes, que conforman unha plataforma total de 16 metros nos primeiros 400 metros do vial.

A partir do PK 0+400, onde comezarán as obras, a plataforma redúcese considerablemente e desaparecen as zonas de estacionamento e as beirarrúas, cun ancho de estrada que varía dende os 6 aos 4 metros no tramo que vai ata o PK 1+060 (fin do núcleo de Roxos). Cabe destacar que nesta zona prodúcese un cruce co Camiño Santiago-Fisterra-Muxía.

Unha vez rematado o núcleo de Roxos, no tramo que vai ata Frais (PK 1+060 ao 2+100) a calzada ten unha anchura de entre 5 e 6 metros, ainda que existen tramos máis estreitos como o que discorre na ponte sobre o rego de Roxos (3,90 metros de ancho). O último tramo (ata o PK 2+620) atravesa o núcleo rural de Frais, cunha anchura media de calzada de 4,4 metros.

Esta primeira fase do proxecto contempla a ampliación do vial nos 2,6 primeiros quilómetros do seu percorrido, ao seu paso polos núcleos de Roxos e Frais. A calzada contará con dous carrís de 3,5 metros, con arcéns de un metro a cada lado, totalizando un ancho de plataforma de 9 metros.

O proxecto inclúe ademais a pavimentación do vial, dotándoo dunha nova capa de rodaxe con base de zahorra artificial e superficie de mestura bituminosa en quente e rego de adherencia en toda a plataforma, así como a instalación de novo sistema de drenaxe, e renovación da sinalización horizontal e vertical.

O prazo de execución das obras será de 12 meses.

Comentarios
Lo más