Acto protocolario de toma de posesión da profesora Elena López Lago como decana da Facultade de Física

Acto protocolario de toma de posesión da profesora Elena López Lago como decana da Facultade de Física
Acto protocolario de toma de posesión da profesora Elena López Lago como decana da Facultade de Física

Elena López Lago é profesora titular da Área de Óptica do Departamento de Física Aplicada desenvolvendo a súa actividade docente na Facultade de Física e na Facultade de Óptica e Optometría

A profesora Elena López Lago tomará posesión hoxe venres 22 do seu cargo como decana da Facultade de Física nunha sesión protocolaria que presidirá o reitor Antonio López a partir das 13.00 horas no Salón de Actos da propia facultade. Completan o equipo de goberno Beatriz Fernández Domínguez, como vicedecana, e Manuel Vázquez Ramallo, como secretario. Elena López Lago

Elena López Lago é profesora titular da Área de Óptica do Departamento de Física Aplicada desenvolvendo a súa actividade docente na Facultade de Física e na Facultade de Óptica e Optometría, na actualidade no grao e no mestrado de Física. A nova decana xa formara parte nos últimos nove anos da dirección do centro onde ostentou o cargo de secretaria da Facultade.

López Lago forma parte do grupo de investigación de referencia competitiva Nanomateriais, Fotónica e Materia Branda coordinado polo profesor Luis Javier Gallego del Hoyo. Actualmente é investigadora principal do proxecto ‘Caracterización óptica de líquidos iónicos puros e dopados con sales para a súa aplicación en dispositivos fotónicos e electroquímicos’ e participou noutros quince proxectos de investigación e tres redes temáticas, dos que resultaron máis de medio centenar de artigos científicos xunto con outras tantas comunicacións a congresos.

Comentarios
Lo más