O Goberno local aproba a adaptación do proxecto de rehabilitación do palacete da Finca do Espiño

O Goberno local aproba a adaptación do proxecto de rehabilitación do palacete da Finca do Espiño
O Goberno local aproba a adaptación do proxecto de rehabilitación do palacete da Finca do Espiño

A actuación está orzada en 1,2 millóns de euros e estímase que as obras terán un prazo de execución de 12 meses

O Goberno vén de aprobar a adaptación do proxecto de rehabilitación do palacete da Finca do Espiño, que se converterá na nova sede do Centro de Interpretación Ambiental de Compostela. A actuación está orzada en 1,2 millóns de euros e estímase que as obras terán un prazo de execución de 12 meses.

O Goberno local encargou a adaptación do proxecto de rehabilitación do palacete da Finca do Espiño tras resolver o contrato para a execución das obras, que fora adxudicado en 2015 en base a un proxecto que non se axustaba á realidade do estado do edificio. As modificacións requiridas excedían o límite legal do 10% do orzamento total da actuación, polo que foi preciso redactar un proxecto modificado. Ademais, na adaptación tívose en conta o novo destino que se lle vai dar ao palacete, como sede do CIAC e das dependencias administrativas do servizo de Medio Ambiente.

As modificacións incorporadas ao proxecto teñen que ver co cumprimento da normativa vixente en materia de protección da estrutura contra o lume, ampliación da xestión dos residuos e mellora dos sistemas de arriostramentos das fachadas. Ademais acordouse simplificar o sistema de climatización previsto no edificio. O proxecto orixinal estaba orzado en 870.000 euros, e a introdución das modificacións suporá un incremento do custo de case 400.000 euros. 

Comentarios
Lo más