O Teatro Principal volve ser un dos escenarios da Mostra Internacional do Cinema Etnográfico (MICE)

O Teatro Principal volve ser un dos escenarios da Mostra Internacional do Cinema Etnográfico (MICE)
O Teatro Principal volve ser un dos escenarios da Mostra Internacional do Cinema Etnográfico (MICE)

En canto á equiparación salarial entre mulleres e homes, a empresaria indicou que na compañía non existe diferenciación, e por esta e outras medidas recibiron en 2016 unha distinción nos Premios RSE Galicia da Xunta de Galicia na categoría de mediana empresa.Rosa Blanca Rodríguez, administradora de Espina y DelfínPola súa parte, Rosa Blanca Rodríguez é administradora solidaria –xunto ao seu irmán– de Espina y Delfín, empresa de construción de obras públicas e hidráulicas e de xestión do ciclo integral da auga creada en 1977.

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) celebrou onte a mesa redonda “Testemuños empresariais femininos”, organizada con motivo do Día Internacional da Muller que se conmemorou o pasado 8 de marzo. O encontro reuniu a catro mulleres empresarias e directivas e dúas responsables políticas das Administracións Local e Autonómica que compartiron experiencias e analizaron o papel da muller no mundo empresarial. As protagonistas do debate, moderado polo secretario da Asociación Ramón Lois, foron Rosa Blanca Rodríguez, administradora de Espina y Delfín; María Caeiro, conselleira- delegada do Grupo Caeiro, María Pais, controller do Grupo Quatrium; María Vázquez, directora-xerente de Mercagalicia; Covadonga Toca, secretaria Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia; e Marta Lois, concelleira de Igualdade e Desenvolvemento Económico do Concello de Santiago. Ramón Lois mostrou a súa satisfacción pola organización deste evento que permitiu “escoitar en primeira persoa voces das empresarias e directivas” do ámbito do polígono que compartiron cos asistentes as súas experiencias e inquedanzas empresariais. O directivo da Asociación destacou tamén a relevancia actual de novos proxectos emprendedores liderados por mulleres e, sobre todo, a importancia do rol sucesorio das mulleres en moitas de empresas familiares.

María Vázquez, directora-xerente de Mercagalicia

María Vázquez abriu a quenda de intervencións relatando a súa traxectoria profesional no sector do mercado de maioristas tan masculinizado tradicionalmente, onde actualmente só hai dúas directoras nos 23 centros que compoñen a rede en España. Tras os seus inicios en Madrid, desembarcou en Santiago hai apenas dous anos como directora xerente de Mercagalicia, co consecuente traslado familiar. Casada e con tres fillas, María Vázquez asegurou ser unha apaixonada do traballo pero tamén da familia, e subliñou que é fundamental facer unha “xestión eficiente do tempo”, para poder dedicarlle o cento por cento do esforzo a ambas esferas. “Co nacemento da nosa terceira filla reducín nunha hora a miña xornada laboral, e aí dinme de conta que podía facer o mesmo traballo, aínda que coa correspondente redución salarial” –explicou–. Pero o punto fundamental que destacou foi a cuestión da igualdade de responsabilidades no fogar, onde na súa opinión resulta vital o apoio da parella para poder cadrar axendas.

María Pais, controller do Grupo Quatrium

María Pais pasou por varios sectores e ocupou postos de dirección en empresas de construción, e xa aí constatou unha realidade: “As mulleres estamos en rangos salariais máis baixos cos homes e coas mesmas responsabilidades”. Aínda que no seu caso non se ten que preocupar da conciliación, pois non ten fillos, a controller do Grupo Quatrium ten claro que compaxinar a vida laboral e familiar non é doado. Asegurou tamén que é preciso concienciar a moitos empresarios e xefes tradicionais para que cheguen a converterse en xestores de felicidade. “O patrimonio máis importante dunha empresa é o laboral e facilitar a vida aos nosos traballadores creará a conciliación real” –indicou–.

María Caeiro, conselleira-delegada do Grupo Caeiro

Cunha longa traxectoria profesional ás costas, María Caeiro relatou a súa experiencia no Grupo Caeiro, unha empresa familiar do sector do automóbil. Despois de que seu irmán decidise dedicarse á medicina, o fundador Manuel Caeiro pensou que xa non tiña sucesión, ata que a súa filla, tendo a seu pai como gran referente e co seu beneplácito, toma as rendas do concesionario, pero producíndose un proceso de relevo moi natural. “Hai trinta anos o sector automobilístico era un mundo de homes no que non me admitían e tiven que demostrar as miñas capacidades e formarme máis” –indicou–. Pero María Caeiro explicou que actualmente xa mudou esa mentalidade, aínda que non hai mulleres en determinados postos, como a mecánica, e a man de obra segue masculinizada. No apartado familiar, María adoptou un neno etíope e recibiu toda a axuda posible dos compañeiros da empresa. En canto á equiparación salarial entre mulleres e homes, a empresaria indicou que na compañía non existe diferenciación, e por esta e outras medidas recibiron en 2016 unha distinción nos Premios RSE Galicia da Xunta de Galicia na categoría de mediana empresa.

Rosa Blanca Rodríguez, administradora de Espina y Delfín

Pola súa parte, Rosa Blanca Rodríguez é administradora solidaria –xunto ao seu irmán– de Espina y Delfín, empresa de construción de obras públicas e hidráulicas e de xestión do ciclo integral da auga creada en 1977. Sen recibir presión familiar, Rosa Blanca decide estudar Empresariais, á vez que seu pai, Delfín Rodríguez, merca a participación do seu socio e convértese en administrador único da compañía. Ao rematar os estudos universitarios, e dubidosa ante a posibilidade de cursar un máster, seu pais dálle un consello: “Non hai mellor máster que traballar na propia empresa”. Comeza a traballar en 1991, momento no que só había tres mulleres entre o centenar de traballadores, na limpeza, recepción e ela mesma. “Sempre vivín nun mundo de homes, pero tratáronme ben e estiven moi agusto” –apuntou–. Actualmente, Rosa Blanca sinalou que, co crecemento da empresa, tamén aumentaron o número de mulleres traballadoras, en áreas de administración, laboratorio ou enxeñaría, e xa se rexistran 42 empregadas dun total de 320 traballadores. “A porcentaxe pasou dun 3% de mulleres a principios dos anos noventa a un 13% a día de hoxe”. En relación ao seu ámbito privado, Rosa Blanca ten dous fillos adolescentes –nena e neno– que os educa en igualdade, o mesmo que explicou se fai na empresa onde “non hai discriminación laboral en canto a xénero”. 

Marta Lois, concelleira de Igualdade e Desenvolvemento Económico do Concello de Santiago 

Marta Lois indicou que, aínda que a problemática da muller no ámbito laboral está moi estudada, no mundo empresarial queda moito por facer, sobre todo no referente á presenza da muller nos consellos de administración das empresas. “Para poder cadrar tempos e horarios é precisa unha maior conciliación e corresponsabilidade entre homes e mulleres”. Ademais, destacou que actualmente o clima social é máis permeable á igualdade, pero incidiu que son necesarias políticas públicas de acción positiva para que máis mulleres entren na toma de decisións das empresas, sen verse freadas polas responsabilidades ou escollas familiares.

Covadonga Toca, secretaria Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia

Covadonga Toca fixo tamén un repaso pola súa traxectoria profesional, desde os seus inicios na avogacía en Ferrol e na negociación colectiva en Ourense, postos nos que convivía a diario con homes. Asegurou que estas e outras oportunidades vindeiras xurdíronlle a base de moito esforzo e traballo, e aínda que non ten fillos considera que a conciliación e organización “eficaces e eficientes” son fundamentais para dimensionar a carreira profesional, sempre coa educación e formación como principios fundamentais. “Hai unha aposta decidida pola Responsabilidade Social Empresarial para conseguir emprego de calidade, baseada na igualdade e inclusión. O emprego do século XXI ten un carácter feminino” –sinalou–.

Comentarios
Lo más