Estes días ródase "O Santa Isabel" en Santiago de Compostela

Estes días ródase "O Santa Isabel" en Santiago de Compostela
Foto da rodaxe
Estes días ródase "O Santa Isabel" en Santiago de Compostela

Ten a Nerea Barros, Darío Grandinetti e Aitor Luna como portagonistas

A nova película da directora Paula Cons, "O Santa Isabel", ródase estes días en diversas localizacións de Santiago, con Nerea Barros, Darío Grandinetti e Aitor Luna como portagonistas. Trátase dunha coprodución hispanoarxentino-portuguesa, inspirada no naufraxio en 1921 do vapor transatlántico fronte as costas da illa de Sálvora no que morreron máis de 200 persoas.

O filme está liderado pola galega Agallas Films ("La batalla desconocida", "Lobos sucios"), en coprodución coa portuguesa Take 2000 ("La vida de Carol"), a arxentina Aleph Cine ("El ciudadano ilustre") e a vasca Historias del Tío Luis ("Ola de crímenes"). Conta coa participación de TVG, RTVE e ETB, e co apoio de AGADIC, Goberno Vasco, ICAA, o INCAA arxentino e o programa internacional Ibermedia. Da súa distribución encargarase Filmax.

A compostelana Nerea Barros, Darío Grandinetti, Aitor Luna, xunto a Milo Taboada, Celso Bugallo, Victoria Teijeiro, María Costas, Ana Oca, Miguel Borines, Tatán, Roberto Leal, Ana Santos, Machi Salgado, Javier Tolosa e Leyre Berrocal, interpretan aos personaxes deste thriller cheo de misterio e visualmente poderoso.

O guión é tamén de Paula Cons, coa colaboración de Luis Marías como coguionista. A directora conta ademais cun equipo de profesionais de primeira liña como o director de fotografía Aitor Mantxola (“El fotógrafo de Mauthausen”); o director de arte Antonio Pereira (“Fariña”); a responsable de montaxe Julia Juaniz; a lingüista Rosa Moledo (“Fariña”); Raquel Fidalgo, recentemente nomeada por cuarta vez ao Goya en maquillaxe e perruquería, e Eva Camino (“Fariña”) en deseño de vestiario.

Comentarios