R, CINFO e a Xunta desenvolven “Tecnoloxía e deporte” para afondar na dixitalización e na innovación no deporte en Galicia

Expertos en innovación reflexionaron dende perspectivas diversas sobre as solucións das novas tecnoloxías coma fonte de beneficios para clubs e federacións

Onte desenvolveuse no Hotel Palacio del Carmen en Santiago a xornada “Tecnoloxía e deporte”, un evento singular para falar dende múltiples perspectivas sobre as posibilidades e vantaxes da innovación tecnolóxica aplicada ao deporte galego.

Na xornada, promovida pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a través da Fundación Deporte Galego e organizada por R e CINFO, desenvolveuse un programa centrado en analizar polo miúdo como os clubs deportivos lle poden tirar o máximo partido á tecnoloxía. Para explicalo, o evento contou coa presenza de especialistas na aplicación de tecnoloxías deportivas e con empresas de produtos innovadores para clubs e federacións, que se dirixiron principalmente ás entidades do sector do deporte en proceso de transformación dixital.

Falouse, entre outros temas, da maneira en que se pode habilitar unha canle de televisión cos contidos dun club deportivo, de que xeito usar as ferramentas dixitais para xerar novos ingresos ou dos beneficios aplicados á análise de xogo.

Comentarios
Lo más