A saída de vía dun camión deixa dous feridos, un deles de gravidade, en Trasmiras

A saída de vía dun camión deixa dous feridos, un deles de gravidade, en Trasmiras
A saída de vía dun camión deixa dous feridos, un deles de gravidade, en Trasmiras

O seu acompañente tamén necesitou asistencia médica, aínda que o seu estado non revestía gravidade

Un camioneiro tivo que ser evacuado en helicóptero por mor das lesións producidas nun accidente na A-52, ao paso por Trasmiras.

O seu acompañente tamén necesitou asistencia médica, aínda que o seu estado non revestía gravidade.

Ás 17:30 horas varias persoas contactaron co 112 Galicia para dar conta dun camión que se saíu da vía cando circulaba pola A-52 en sentido Benavente. No interior viaxaban dúas persoas das cales unha resultou ferida de gravidade, polo que tivo que ser trasladada no helicóptero ao Hospital de Ourense, mentres que o acompañante presentaba lesións de menor importancia e puido ser evacuado en ambulancia.

Ademais, interviñeron os Bombeiros de Xinzo para liberar ao condutor, pois quedou atrapado no interior da cabina do camión, envorcado nunha leira fóra da autovía.

Bombeiros e profesionais sanitarios do 061-Urxencias Sanitarias contaron tamén coa colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Comentarios