VIII Ruta de Coches Clásicos Cocido de Lalín

VIII Ruta de Coches Clásicos Cocido de Lalín
VIII Ruta de Coches Clásicos Cocido de Lalín

Terá lugar o domingo 31 de marzo na Estación de Autobuses de Lalín

O domingo 31 de marzo terá lugar a VIII Ruta de Clásicos do Cocido de Lalín. José Montoto, organizador da ruta, fala con COMPOSTELA24HORAS para contarnos de que se trata.

O evento está ubicado na Estación de Autobuses de Lalín, cunha media de 115 coches. A primeira hora da mañá, de 10:00 horas a 12:00 horas haberá unha exposición dos coches clásicos para que a xente que o desexe se acerque a admirarlos. Ás 12:30 horas arranacará a ruta dende a Estacións de Autobuses que percorrerá varias parroquias da Comarca do Deza: sale de Lalín e pasa por A Xesta, Vilatuxe e Prado entre outras. A ruta acaba en Lalín de novo, co xantar no Restaurante Casa Pablo en Agoleta.

Este evento reúne moita xente de diversos lugares de Galicia e España. Haberá coches que teñen dende 25 anos ata os 70 anos. Trátase dun evento con varios anos de tradición que cada vez recluta máis adeptos. Todo o que o desexe poderá disfrutar de máis de cen coches de varias épocas nesta exposición e ruta.


Comentarios
Lo más