Xulgan a vindeira semana ao presunto incendario dos Blancos que asegurou facer un lume "pequeno" para "asar uns chourizos"

Xulgan a vindeira semana ao presunto incendario dos Blancos que asegurou facer un lume "pequeno" para "asar uns chourizos"
Xulgan a vindeira semana ao presunto incendario dos Blancos que asegurou facer un lume "pequeno" para "asar uns chourizos"

Para xustificar a elevada pena, a fiscal especializada no medio ambiente reflectiu no seu informe o “grave perigo para a vida das persoas

A Audiencia Provincial de Ourense reservou o vindeiro xoves 28 de marzo para xulgar ao presunto incendiario que provocou un incendio forestal no municipio ourensán dos Blancos o 15 de outubro de 2017, coincidindo coa onda de incendios que arrasou Galicia e que xerou unha gran alarma social, tras arder máis de 49.000 hectáreas en toda a comunidade e causar a morte a catro persoas.

En total, a Fiscalía pide cinco anos e medio de cárcere para o sospeitoso de prender lume nunha leira propiedade da súa muller nunha época de máximo risco polas altas temperaturas, supostamente para asar un chourizo.

Para xustificar a elevada pena, a fiscal especializada no medio ambiente reflectiu no seu informe o “grave perigo para a vida das persoas, dada a proximidade do incendio a núcleos de poboación” que entrañou o lume que afectou a unha superficie de 1,20 hectáreas.

Esa xornada estivo marcada polos 27,6 graos centígrados de temperatura e a velocidade do vento superaba os 26 quilómetros por hora, “con refachos de 18,22 Quilómetros por hora e unha humidade relativa de 28 e sendo o Índice de Risco Diario de Incendio ( IRIDI) extremo”.

No seu informe, a fiscal sostén que existiu “un grave perigo para a vida das persoas, dada a proximidade do incendio aos núcleos de poboación, estando as vivendas a uns trescentos metros do lugar de inicio e unha granxa de pitos con actividade a unha distancia de 250 metros”.

Por este motivo, pide que se lle apliquen penas do tipo agravado por un presunto delito de incendio forestal dos artigos 352 e 353 -apartados cuarto e quinto- do Código penal. Ambos os artigos teñen en conta a súa proximidade “a núcleos de poboación ou a lugares habitados” e “que o incendio sexa provocado nun momento no que as condicións climatolóxicas ou do terreo incrementen de forma relevante o risco de propagación do mesmo”.

Tras o seu arresto, o acusado, que forma parte dun movemento ecoloxista, ingresou en prisión provisional e un mes despois foi excarcerado tras abonar unha fianza de 2.500 euros.

Á saída do xulgado, o home alegou que fixo un lume "moi pequeno" para "asar un chourizo".

Comentarios