O monte noiés de San Lois estrea banco

O monte noiés de San Lois estrea banco
O monte noiés de San Lois estrea banco

O Concello de Noia súmase á moda de dispoñer bancos singulares nun dos mellores miradoiros da comarca

O Concello de Noia vén de sumarse á moda de dispoñer bancos singulares nun dos mellores miradoiros da comarca: o monte San Lois, emprazado a 363 metros de altura. “Trátase dunha zona privilexiada e cunha vista espectacular, pois nun día despexado como o de hoxe podes ver toda a ría de Muros-Noia: Porto do Son e Queiruga a un lado, o Monte Louro de fronte... Unha vista moi fermosa dende este novo banco que estou convencida que van desfrutar tanto veciños e veciñas como xente que se achegue ou veña facendo sendeirismo ata o miradoiro de San Lois”, explica a concelleira de Medio Ambiente, Ángela Neri Arufe.

A colocación do banco tivo lugar hoxe venres, despois de que o Concello de Noia procedera a allanar a zona onde se instalou o banco e limpar todo ao seu arredor. “De feito xa houbo quen o estreou antes mesmo de que estivese rematado de instalar”, comenta Neri Arufe, quen fai un convite á veciñanza e persoas da contorna “a achegarse ata o monte San Lois e desfrutar destas fermosas vistas”, ao tempo que fai un chamamento “ao civismo e a conservar en condicións o mobiliario público”.

Comentarios
Lo más