A Plataforma de Casalong Limpa de Residuos denuncia o inicio de actividades na canteira

A Plataforma de Casalong Limpa de Residuos denuncia o inicio de actividades na canteira
A Plataforma de Casalong Limpa de Residuos denuncia o inicio de actividades na canteira

A empresa volveu a presentar documentación á Xunta á través da Dirección Xeral de Minas, pero ésta non permite ver nin á plataforma nin ao concello a documentación entregada pola empresa

A canteira da Casalonga, que se encontra en desuso por non ser rendible, foi adquirida por unha empresa adicada á xestión de residuos no 2018.

A veciñanza alarmada organizouse nunha Plataforma que mobilizou varias veces á veciñanza conseguindo paralizar dous proxectos da empresa: o primeiro, a instalación dunha planta de tratamento de residuos e o segundo, un proxecto de restauración da canteira que agochaba un gran vertedoiro.

A empresa volveu a presentar documentación á Xunta á través da Dirección Xeral de Minas, pero ésta non permite ver nin á plataforma nin ao concello a documentación entregada pola empresa. A plataforma solicitouna o 12 de febreiro e ainda está esperando.

No norte de Europa é moi difícil desfacerse do lixo pois as medidas de protección do medio ambiente son moi estrictas. En Galicia as leis e a laxitude no control da administración facilitan o traballo a estas empresas. Só teñen que disimular unha explotación da canteira para logo ter que “restaurala”. Exemplos doutras canteiras como a de Miramontes e a de Touro indícannos como se fai esta restauración en Galicia. Trátase de reencher de residuos o monte ata as cotas iniciais, soterrando así o ecosistema existente e contaminando para sempre o terreo, os manantiais e os regatos da zona, chegando a afectar aos ríos e de aí ás rías.

A lei do solo (aprobada no 2016 polo goberno de Galicia) permite que se poidan instalar plantas de tratamentos de residuo en suelo rústico e a escasos metros das vivendas, como é o caso da Casalonga que ademais está nunha zona densamente poboada e pegada á capital de Galicia.

A Xunta de Galicia comprometeuse coa plataforma no verán en modificar estas distancias, na primavera no se produciu movemento ningún.

A lexislación estatal tampouco axuda porque permite que as canteiras se poidan restaurar con “materiais valorizados” e “tecnosuelos”, ambos conceptos teñen unha definición teórica aceptable pero a realidade é ben diferente.

En teoría un material valorizado é aquel que recupera o seu valor perdido ao ser útil para outra función e os tecnosuelos son solos artificiais que se poden empregar para a restauración de espazos degradados como as antigas canteiras.

Os exemplos do vertedoiro de Miramontes e da antiga mina de Touro “restaurada” con tecnosuelos demostran que os materiais valorizados acaban sendo todo tipo de residuos tapados con terra, ou sexa, un vertedoiro onde se mezclan residuos da construción con produtos orgánicos, hospitalarios, plásticos, pilas... Os tecnosuelos son en realidade lodos de depuradoras e cinzas de procesos de combustión, entre outros, que se mezclan con terra e area, residuos con altas concentracións de metais pesados (nitratos, hidrocarburos derivados do petróleo,...), algunhas destas substancias altamente canceríxenas e atopadas en altas concentracións nas zonas próximas aos vertedoiros antes sinalados.

A lexislación estatal sobre a xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, e pola que regula a produción y xestión dos residuos de construción e demolición, permite que as canteiras póidanse converter en vertedoiros.

A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos convoca urxéntemente á poboación o domingo 24 ás 12:00 horas no campo da festa do Monte Carmelo. 24 horas antes máis de 40 colectivos da comarca, ANPAs, gandeiros, asociacións culturais, políticos, clubes deportivos, eclesiásticos, comisións de festas, plataformas mediambientais, farán relevos dunha hora de duración para manifestarse ao longo da N-550 ao seu paso pola Casalonga.

Comentarios