Apoio maioritario dos veciños e veciñas as 24 horas NON STOP da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos

Apoio maioritario dos veciños e veciñas as 24 horas NON STOP da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos
Apoio maioritario dos veciños e veciñas as 24 horas NON STOP da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos

Tras as 24h NON STOP dará lugar a gran manifestación conxunta de toda a cidadanía que se concentrará ás 12:00 horas na Rúa do Monte Carmelo (Teo)

Con puntualidade suíza poñíase en marcha ás 12:00 horas o cronómetro xigante colgado dun balcón sobre o stand da plataforma. Neste punto ían chegando os diferentes grupos, cada vez máis numerosos. O primeiro grupo encabezouno a coordinadora da Plataforma, o segundo todos os grupos políticos do concello de Teo, o terceiro a unidade Pastoral de Milladoiro-Teo e contorna, e así foron sucedéndose os grupos ata a chegada do último que será o domingo ás 11:00 horas e terá de protagonistas diferentes plataformas con problemas medioambientais similares do entorno de Compostela (Rede de plataformas).

Dende moi cedo a veciñanza sorprende con novos carteis colgados de grandes dimensións onde se podían ler frases como “A Canteira non é negocio, o negocio é o vertedoiro” ou “Explotar a canteira obriga a restaurala igual a vertedoiro”. Os pitidos dos coches que pasaban pola N-550 e os berros de ánimo dende os mesmos non cesaron durante todo o día. A veciñanza volcouse neste acto tan ambicioso respondendo de xeito exemplar.

Tras as 24h NON STOP dará lugar a gran manifestación conxunta de toda a cidadanía que se concentrará ás 12:00 horas na Rúa do Monte Carmelo (Teo). Sairá do campo de festas ata a N-550 e rematará 1km despois na base da canteira, onde se leerá o manifesto. Polo éxito deste sábado a plataforma prevé que a asistencia será moi alta.

Comentarios
Lo más