Os nenos e nenas do EIM O Bosque visitan a unha granxa bovina na Escravitude

Os nenos e nenas do EIM O Bosque visitan a unha granxa bovina na Escravitude
Os nenos e nenas do EIM O Bosque visitan a unha granxa bovina na Escravitude

O obxectivo da visita foi coñecer de cerca a vida dos animais que viven nesta granxa da Escravitude

As cativas e cativos de 2 e 3 anos da escola infantil municipal O Bosque visitaron este xoves, 21 de marzo, a granxa Isaura Rivas y J. Villaverde S.C. O obxectivo da visita foi coñecer de cerca a vida dos animais que viven nesta granxa da Escravitude. 

Durante a excursión, o alumnado puido ver como funciona unha granxa de leite e como é a vida das vacas e tenreiros que alí viven. Por último, os nenos e nenas coñeceron ao burriño da granxa, que lles permitiu subirse nas súas costas e dar pequenos paseos.

Durante o mes de marzo, as alumnas e alumnos da escola infantil municipal O Bosque están a coñecer a fondo o mundo animal, para o que desenvolveron diversas actividades para coñecer as particularidades, a alimentación e as costumes das distintas especies de animais que habitan o noso planeta.

Así, non só realizaron distintos exercicios dirixidos polas monitoras nas aulas, senón que moitos dos pequenos puideron levar ás súas mascotas a clase para presentarllas aos seus compañeiros. Ao longo de trinta minutos, as cativas deberon presentar ao animal e explicar a súa alimentación, as atencións que require e como é a vida con eles.

Para concluír este bloque temático, os nenos e nenas realizaron unha visita á granxa Isaura Rivas y J. Villaverde S.C., destinada á produción de leite e situada na Escravitude, no concello de Padrón. Durante a excursión, coñeceron ás vacas e tenreiros que habitan as instalacións e puideron ver onde dormen, cal é a súa alimentación e cal é a súa rutina. Asemade, puideron coñecer de primeira man como se moxen as vacas e o proceso que o leite ten que seguir dende que se obtén ata que se vende.

Por último, os donos das instalacións obsequiaron aos nenos e nenas presentándolles ao burro da familia, un animal moi dócil que lles permitiu subir ás súas costas e mesmo dar algún paseo.

Comentarios