A compostelá Esther Pedrosa, subcampioa do mundo máster nos tres mil metros en pista cuberta

A compostelá Esther Pedrosa, subcampioa do mundo máster nos tres mil metros en pista cuberta
A compostelá Esther Pedrosa, subcampioa do mundo máster nos tres mil metros en pista cuberta

Os tres mil metros en pista cuberta era a primeira proba do calendario para Esther Pedrosa

A atleta compostelá Esther Pedrosa, acaba de proclamarse esta tarde, campioa do mundo máster nos tres mil metros de pista cuberta, no campionato que se está a celebrar na localidade de Torun, en Polonia. Destaca que “ser a segunda está moi ben. Ser subcampioa do mundo é moi importante”. Sabía, di, “que podía intentalo, aínda que era difícil gañar, porque a atleta inglesa, a gañadora, tiña a mellor marca do campionato”.

Os tres mil metros en pista cuberta era a primeira proba do calendario para Esther Pedrosa. Mañá participa nos oito quilómetros de Cross; e a vindeira fin de semana, nos mil cincocentos metros de pista cuberta.

Esther Pedrosa, naceu en Santiago de Compostela en 1961. Empezou a correr con 14 anos, pero os maiores triunfos son da súa última etapa como atleta na categoría máster. En marzo de 2018 acadou a mellor marca de España en 3.000 metros en sala proclamándose campioa de Europa; e en decembro pasado, foi a mellor marca en 10 quilómetros en ruta. E agora, con este éxito en Polonia, a atleta compostelá xa é a segunda mellor deportista do mundo na súa categoría, nos 3.000 metros en pista cuberta. 

Comentarios