Máis de 5.000 persoas participaron na concentración contra o vertedoiro en Casalonga

Máis de 5.000 persoas participaron na concentración contra o vertedoiro en Casalonga
Máis de 5.000 persoas participaron na concentración contra o vertedoiro en Casalonga

kilómetro da N-550 cuberto de xente coa camiseta negra e o logo amarelo da plataforma, baixo un sol más propio do verán que de inicios da primavera

O vivido este domingo en Casalonga, unha aldea da parroquia de Calo (Teo), pasará á historia das mobilizacións por varias razóns. Unha, polo éxito da ambiciosa iniciativa de manifestarse durante 24 horas seguidas, conseguindo a implicación de todo tipo de colectivos da contorna. E outra, porque este tipo de concentracións tan multitudinairas soen facerse no centro das cidades e non nun entorno rural. Convocando á manifestación no punto cero, a veciñanza apostou por poñer en valor o lugar onde eles viven e o que queren protexer.

Os organizadores emocionábanse por momentos ao ver a resposta da cidadanía. 1 kilómetro da N-550 cuberto de xente coa camiseta negra e o logo amarelo da plataforma, baixo un sol más propio do verán que de inicios da primavera, a veciñanza non dubidou en adicar o domingo a reivindicar o dereito a vivir sen ser contaminados.

Tras percorrer uns 1000 metros da N-550 á altura da Casalonga os manifestantes ocuparon unha finca cedida por uns vecinos para ler o manifestó. O presidente da plataforma, Jaime García, agradeceu aos asistentes e organizadores o traballo de máis de 24 horas sen descanso, a actriz Mabel Ribera adicou unhas palabras cheas de emoción e finalmente, outro membro da coordinadora, Marcos Ares, pechou o manifesto recordando o motivo da xuntanza e insuflando ánimos á xente para non cesar na loita.

Acudíu tamén a Rede de plataformas Compostela-Ulla-Tambre aportando pancartas das diferentes plataformas, da Mina de Touro-O Pino, de Miramones, da comarca de Ordes “Aire, terra e auga limpas”, da oposición ao vertedoiro de Lesta, de Salvemos Catasós e da Recuperación do río Sar.

Comentarios