ABANCA e Afundación presentan en Santiago un novo concepto de exposición: "Sonoro empeño"

ABANCA e Afundación presentan en Santiago un novo concepto de exposición: "Sonoro empeño"
ABANCA e Afundación presentan en Santiago un novo concepto de exposición: "Sonoro empeño"

O proxecto combina unha exposición con obras de Picasso ou Kandinsky cun extenso programa de actividades para ilustrar a relación entre as artes plásticas e a música

ABANCA e Afundación presentan hoxe en Santiago de Compostela o proxecto expositivo "Sonoro empeño. A música nas Coleccións ABANCA e Afundación", unha mostra sobre a relación entre música e artes plásticas, conformada por unha selección de obras entre as que figuran nomes como Picasso ou Kandinsky.

Paralelamente á mostra desenvolverase un amplo programa de actividades que se estenderá durante seis meses, co propósito de transgredir o concepto tradicional de exposición e crear un proxecto multidisciplinar que combine o lúdico, o didáctico, o interactivo e as novas tecnoloxías.

Os obxectivos fundamentais de ABANCA e Afundación con esta nova proposta son dous: estender a programación máis aló da propia exposición, amosando na práctica o diálogo permanente entre as distintas disciplinas artísticas, e desenvolver a actividade cultural fóra dos espazos que tradicionalmente a acollen.

Comentarios