Elvira Burgos diserta o luns en Filosofía sobre a pensadora feminista Judith Butler

Elvira Burgos diserta o luns en Filosofía sobre a pensadora feminista Judith Butler

Organizado pola profesora da Facultade de Filosofía María Xose Agra, o relatorio terá lugar ás 19:00 horas no Salón de Actos do centro

A profesora de Filosofía da Universidade de Zaragoza Elvira Burgos ofrece hoxe luns 25 na USC a conferencia 'Judith Butler. O pensamento e a acción feministas'. Organizado pola profesora da Facultade de Filosofía María Xose Agra, o relatorio terá lugar ás 19:00 horas no Salón de Actos do centro.

A conferenciante, cuxas liñas de investigación xiran en torno ao pensamento feminista e a filosofía do corpo, é autora do libro Qué cuenta como una vida. La pregunta por la libertad en Judith Butler (Antonio Machado Libros, 2008).

Judith Butler

Catedrática de Literatura comparada na Universidade de California (Berkeley) e profesora de filosofía en The European Graduate School, Judith Butler (Cleveland, 1956) é unha recoñecida pensadora feminista, hoxe considerada unha das intelectuais máis influentes do mundo.

Entre as súas obras destacan El género en disputa: el feminismo y la subversión de la identidad (Paidós, 2007), Cuerpos que importan (Paidós–Argentina, 2008), Marcos de guerra. Las vidas lloradas (Paidós, 2009), Deshacer el género (Paidós, 2012), Dispossessions: The Performative in the Political (con Athena Athanasiou, 2013), Senses of the Subject (2015) ou Cuerpos aliados y lucha política (Paidós, 2017).


Comentarios