Rematado por completo o ascensor de Triacastela

Rematado por completo o ascensor de Triacastela
Rematado por completo o ascensor de Triacastela

O elevador aínda non está en funcionamento pero o Concello xa abriu as escaleiras que estiveron pechadas durante os meses da reforma

O ascensor de Triacastela comezará a funcionar dentro de poucos días. Dende finais de marzo xa instalado e salvará o desnivel de máis de 12 metros entre Triacastela e Concheiros, que ata agora se resolvía cunhas escaleiras de ata 60 chanzos en tres tramos. 

O elevador ten unha capacidade de 16 persoas, e está pensado para ser utilizado tamén por padiolas. O ascensor está aliñado coas edificacións que teñen a súa fronte cara a avenida de Lugo, e na parte superior conéctase con Concheiros a través dunha pasarela acristalada.

O Concello investiu máis de 350.000 euros na instalación do elevador que ten como obxectivo fundamental "mellorar a accesibilidade dunha zona que conta cunha veciñanza bastante envellecida", tal como declarou o concelleiro de Obras, Rafa Peña, na visita que realizou a mediados de febreiro ás obras.

Aproveitando a construcción do elevador, o Concello aproveitou para mellorar o sistema de saneamento e as de telecomunicación que pasan pola mesma zona.

CORTADA DURANTE MESES

Nestos meses as escaleiras de Triacastela estiveron pechadas mentres se executaban as obras. A semana pasada xa se eliminaron as barreiras para que se poidan usar. Na renovación da zona eliminaron un tramo destes peldaños, as da parte esquerda, no primeiro nivel para volver a recuperalas nos seguintes.

Comentarios