Caos no primeiro mes da reordenación do tráfico na Avenida de Lugo

Caos no primeiro mes da reordenación do tráfico na Avenida de Lugo
Caos no primeiro mes da reordenación do tráfico na Avenida de Lugo

Pese ao cambio de sinalado e pintado, os condutores retifican cruzando en moitas ocasións a illa central da estrada

A primeiros deste mes o Concello reordenou o tráfico na avenida de Lugo, á altura do seu enlace coa SC-20, para mellorar a seguridade viaria.

A modificación consistiu na eliminación das frechas de fin de carril existentes á altura da rotonda que comunica a avenida de Lugo coa SC-20, e a división de dous carrís diferenciados, cun terceiro carril de incorporación para os vehículos que circulen cara a rúa da Batalla de Clavijo, actualmente en obras.

Parece que moitos usuarios aínda no están acostumados ao novo pintado, pese as sinais advertindo do cambio, porque non é raro observar nestes días como moitos vehículos retifican cruzando a illa central da estrada e algunhas veces, provocando situacións moi complicadas.

SITUACIÓN ANTERIOR

Ata o de agora, os vehículos que circulaban pola avenida de Lugo en dirección Hórreo atopaban unhas frechas que obrigaban a cambiar de carril coincidindo co tramo de incorporación ao viario dende a rotonda que conecta coa SC-20. Deste xeito, non só se producían situacións de inseguridade, senón que tamén se perdía axilidade no tránsito decde a rotonda. 

Comentarios