Noriega inaugura hoxe a exposición "Elas, retrato dun mercado"

Noriega inaugura hoxe a exposición "Elas, retrato dun mercado"
Noriega inaugura hoxe a exposición "Elas, retrato dun mercado"

O propósito desta exposición é poñer en valor á muller tradicional galega

A Casa do Cabido, na praza das Praterías, vai acoller a exposición Elas, retrato dun mercado, que reúne instantáneas realizadas polo fotógrafo compostelán Manuel Blanco ás mulleres do Mercado de Abastos de Santiago. A mostra está impulsada polo Consorcio de Santiago e as Concellarías de Acción Cultural e Mercados do Concello de Santiago.

O propósito desta exposición é poñer en valor á muller tradicional galega. Hoxe martes inaugúraa o alcalde e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega. Ao acto asistirán, ademais do propio fotógrafo, a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; e o responsable de Exposicións do organismo, Juan Conde.

A mostra permanecerá na Casa do Cabido ata principios do vindeiro mes de maio. Poderá visitarse de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas (o 2 de abril comeza o horario de verán: de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas); e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns a Casa do Cabido está pechada ao público.

Comentarios