"Muchos hijos, un mono y un castillo" chega hoxe na sede de AFundación

"Muchos hijos, un mono y un castillo" chega hoxe na sede de AFundación
"Muchos hijos, un mono y un castillo" chega hoxe na sede de AFundación

A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade

Afundación, a Obra Social de ABANCA, pon o punto e final ao seu ciclo de cinema Mulleres na súa sede de Santiago de Compostela (Vilar, 19) coa proxección, hoxe martes 26 de marzo, a partir das 20:00 horas, do filme Muchos hijos, un mono y un castillo. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade.

Muchos hijos, un mono y un castillo (Gustavo Salmerón, 2017). Julita cumpriu todos os seus soños: ter unha familia numerosa, un mono e un castelo, pero coa crise económica ten problemas para manter o impoñente inmoble. Con iniciativa e tacto consegue manter a familia a flote.

Todas as películas que conformaron este ciclo contan con mulleres como protagonistas indiscutibles, descubrindo historias comprometidas que dan lugar á reflexión. Mulleres diversas, brillantes, valentes, con distintas metas, paixóns e intereses na vida.

Comentarios
Lo más