Estabilizados os tres focos do incendio de Lousame pero aínda activo o foco de Noia

Estabilizados os tres focos do incendio de Lousame pero aínda activo o foco de Noia
Estabilizados os tres focos do incendio de Lousame pero aínda activo o foco de Noia

Segundo informa a Consellería do Medio Rural, estes incendios afectan a unhas 50 hectáreas de superficie

Segundo indica a Consellería de Medio Rural, ás 07,10 h. desta mañanciña quedaban estabilizados os tres focos localizados no concello coruñés de Lousame, parroquia de Tállara, que se iniciaban de xeito simultáneo arredor da pasada medianoite, motivo polo que todo indica que tamén foron provocados. Estes focos uníronse cun cuarto xa no municipio de Noia (parroquia de Argalo), que permanece activo.

En conxunto, estes incendios afectan unha superficie de arredor de 50 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse 4 axentes, 2 brigadas e 3 motobombas.

Comentarios