Os amantes das camelias teñen cita esta fin de semana en Padrón

Os amantes das camelias teñen cita esta fin de semana en Padrón
Os amantes das camelias teñen cita esta fin de semana en Padrón

O sábado 30 e o domingo 31 celébrase a VI Exposición da Camelia e do Bonsai

Esta fin de semana, sábado 30 e domingo 31, ten lugar en Padrón a VI Exposición da Camelia e do Bonsai no Convento do Carme. Este evento entra dentro da II Expo-Feira de Plantas de Colección de Padrón.

Co motivo do evento, están programadas varias actividades que xiran ao redor da camelia. Para o sábado 30, de 11:00 horas a 13:00 horas terá lugar un obradoiro de horta ecolóxica en bancais elevados. De 17:00 horas a 18:00 horas será o turno dun obradoiro de cultivo e cuidado de orquídeas. De 18:00 horas a 19:00 horas haberá a entrega de premios da VI Exposición da Camelia en Padrón, e do I Concurso Escolar " As Camelias de Padrón". E rematamos o día cun obradoiro de cultivo e cuidado de cactus e crasuláceas de 19:00 horas a 20:00 horas. Ademáis, durante todo o sábado haberá demostracións de traballos en bonsais.

Para o domingo 31, están programado de 10:30 horas a 11:30 horas un obradoiro de poda e enxerto de froiteiras. De 11:30 horas a 12:30 horas contarase cun contacontos musicado. E de 12:30 horas a 13.30 horas terá lugar unha charla sobre o cultivo de camelias e variedades. Xa pola tarde, de 16:00 horas a 17:00 horas toca o turno dunha demostración e técnicas de arte floral. E para pechar o día, de 17:00 horas a 18:00 horas o que o queiran, poderanse acercar á charla "A vespa velutina. O inimigo de todos que veu para quedarse".

Todas estas actividades son de balde e para todo o público. Ademaís, hai que sumarlle as exposicións permanentes que hai ambos días. Todo preparado para os amantes da natureza e das camelias.

Comentarios