Presentación da XXXIX Festa de Exaltación do Viño da Ulla

Presentación da XXXIX Festa de Exaltación do Viño da Ulla
Presentación da XXXIX Festa de Exaltación do Viño da Ulla

Terá lugar o 14 de abril en San Miguel de Sarandón, en Vedra

Este martes tivo lugar no Mercado de Boanerges unha rolda de prensa de presentación da XXXIX Festa de Exaltación do Viño da Ulla que terá lugar o próximo 14 de abril para render de novo homenaxe ao viño da Ulla.

San Miguel de Sarandón é o lugar no que se abrirá ás 12:00 horas a Praza do Viño e a mostra dos viños da D.O. Rías Baixas correspondente á subzona do Ulla. Serán as 13:00 horas cando comecen os discursos, nomeamentos e pregón con saúda do alcald de Vedra, Carlos Martínez Carrillo.

Manuel Prieto Comesaña, Manquña, é o elixido este ano para dar o pregón en respresentación da Orde dos amigos e amigas da bota do Viño da Ulla.

Tras as verbas, será o momento da música, Odaiko e Vanesa Muela faranse cargo de abrir a sesión. A orquestra Xacobeo completará o cartel do mediodía.

Ás 16:00 horas os grupos de música e bail tradicional Os Laxeiriños, Os Campiños e as Pandereteiras Dedaleiras, todas da Asociación Cultural San Campio, porán de novo música á festa. Con eles estará tamén o obradoiro de cultura tradicional Ultreia.

A partir das 17:30 horas, actuarán a charanga O Rcobio de Vaamonde, A Requinta da Laxeira e Mnaquiña co seu grupo de rock Los Fabulosos Weekend. E para rematar será a orquestra Xacobeo a que se encargará de que non falte a música ata ben entrada a noite.

Ademáis deste programa, ao longo do día celebraranse sorteos de lotes de produtos da Ulla. Daranse premiso ás peñas como á máis numerosa ou á máis festeira. Poderase visitar o espazo promocional no que os concellos da subzona da ribeira do Ulla mostrarán os seus produtos e valores.

Comentarios