O alcalde de Rianxo asegura que as labores de extinción están volvéndose complicadas pola forza do vento

O alcalde de Rianxo asegura que as labores de extinción están volvéndose complicadas pola forza do vento
O alcalde de Rianxo asegura que as labores de extinción están volvéndose complicadas pola forza do vento

Muíños afirmou que practicamente está a arder todo o terreo forestal do concello, fóra da parroquia de Araño

O alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, informou este martes da existencia de varios focos activos no incendio forestal que nestes momentos afecta a esta localidade costeira e que queimou xa máis de 850 hectáreas desde o seu inicio a pasada noite.

Muíños afirmou que practicamente está a arder todo o terreo forestal do concello, fóra da parroquia de Araño, e que existen varios focos activos que se propagan con gran virulencia.

Así mesmo, indicou que as parroquias máis afectadas son as de Burés e Rianxiño, nas que as chamas obrigaron a executar labores urxentes de roza e devasa, ademais de recomendar a varios dos veciños que abandonen as vivendas debido ao denso fume.

O rexedor de Rianxo tamén explicou que o forte vento está "a complicar moitísimo" os labores de extinción e provocando que non se puido controlar polo momento.

Do mesmo xeito, sobre a orixe do lume, sinalou que hai varios indicios que levan a pensar que puido ser provocado, aínda que tamén se fala do posible salto dunha faísca procedente do aparato eléctrico.

"Quen mellor pode falar son os investigadores", resolveu Muíños, que se mostrou preocupado pola posible afectación dunha canteira próxima e polo desaloxo do instituto.

Comentarios