Dúas persoas resultaron feridas, unha delas de consideración, a causa dunha colisión entre un turismo e unha moto en Mos

Dúas persoas resultaron feridas, unha delas de consideración, a causa dunha colisión entre un turismo e unha moto en Mos
Foto de arquivo
Dúas persoas resultaron feridas, unha delas de consideración, a causa dunha colisión entre un turismo e unha moto en Mos

O sinistro produciuse pasadas as 15:00 horas desta tarde, concretamente, no lugar de Cerdedelo

Dúas persoas resultaron feridas, unha delas de consideración, debido a unha colisión entre un turismo e unha moto na estrada de Peinador a Torroso, no concello pontevedrés de Mos.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o sinistro produciuse pasadas as 15 horas desta tarde, concretamente, no lugar de Cerdedelo. Alí acudiron os profesionais sanitarios do 061-Urxencias Sanitarias para atender a senllos condutores, que tiveron que ser trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e á Clínica Fátima, respectivamente.

Ademais, para colaborar neste operativo, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención dos membros do servizo local de emerxencias, así como dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local. 

Comentarios