Excarcerada unha persoa ao colidiren dous turismos en Miño

Excarcerada unha persoa ao colidiren dous turismos en Miño
Foto de arquivo
Excarcerada unha persoa ao colidiren dous turismos en Miño

O sinistro produciuse no punto quilométrico 12 da N-651, ao fío das 07:00 horas desta mañá

Dúas persoas resultaron feridas nun accidente no que se viron implicados dous turismos e un camión en Leiro, Miño.

O sinistro produciuse no punto quilométrico 12 da N-651, ao fío das 07:00 horas desta mañá, cando varias persoas chamaron ao 112 Galicia para dar conta dunha colisión con tres vehículos implicados. Como consecuencia do impacto, dúas persoas necesitaron asistencia médica e unha delas a axuda dos bombeiros para poder saír do vehículo no que estaba atrapado.

Segundo a información facilitada ao 112, foi un camión que bateu contra outros dous turismos que colidiran previamente. Así, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia avisou ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Betanzos para a atención dos feridos e a excarceración dun deles que permanecía atrapado no interior do coche.

Ademais, solicitouse a colaboración dos membros de Protección Civil da localidade e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Comentarios