Sete alumnos de Compostela participan nas olimpiadas nacionais de Formación Profesional 2019

Sete alumnos de Compostela participan nas olimpiadas nacionais de Formación Profesional 2019
Sete alumnos de Compostela participan nas olimpiadas nacionais de Formación Profesional 2019

Cómpre sinalar que ademais destes participantes na competición oficial, unha alumna do CIFP Compostela, Noelia Veiga Domínguez,

Un total de sete alumnos do CIFP Politécnico de Santiago, o IES Lamas de Abade e os IES San Clemente compiten dende onte nas olimpíadas nacionais de FP, Spainskills 2019, que se celebran no IFEMA de Madrid. 

Esteban Romero (CIFP Politécnico de Santiago) participará na competición de instalacións eléctricas, Alberto Vidal (CIFP Politécnico de Santiago) en soldadura, Miguel Messina (CIFP Politécnico de Santiago) en electrónica, Pablo Chico (CIFP Politécnico de Santiago) en control industrial, Alejando Buján (IES San Clemente) en administración de sistemas de redes e Iria Díaz (IES Lamas de Abade) en atención sociosanitaria.

Cómpre sinalar que ademais destes participantes na competición oficial, unha alumna do CIFP Compostela, Noelia Veiga Domínguez, tomará parte na demostración que se realizará nas Spainskills na modalidade de Recepción Hoteleira. 

Así mesmo, profesores do CIFP Compostela participan nestas olimpíadas como expertos no xurado das competicións por skills.


Comentarios