Por qué Galicia paga a factura da luz máis cara? Análise este sábado no centro cívico do Castiñeiriño

Por qué Galicia paga a factura da luz máis cara? Análise este sábado no centro cívico do Castiñeiriño
Por qué Galicia paga a factura da luz máis cara? Análise este sábado no centro cívico do Castiñeiriño

En Galicia págase a factura da luz das máis caras do Estado

O BNG de Santiago de Compostela organiza un acto informativo, este sábado ás 17:30 hora no centro sociocultural do Castiñeiriño, sobre a suba da tarifa da luz. En Galicia págase a factura da luz das máis caras do Estado e o BNG insiste en reclamar a redución do IVE do 21% ao 4% e unha tarifa eléctrica galega que nos beneficie como país produtor de enerxía.

Neste acto aberto ao público participarán a cabeza de lista do BNG, Goretti Sanmartín, o candidato Lois Calvelo e o técnico de enerxías renovables Xosé Manuel Golpe, para explicar as últimas medidas adoptadas polo Goberno do Estado, que perxudican dobremente ao aplicar un suplemento territorial a Galicia, ademais de asumir historicamente na factura os gastos de distribución aos lugares onde exportamos a enerxía producida aquí.

Ademais, o consumo de luz nas vivendas ten o IVE dos máis altos de Europa e foi o Partido Popular quen incrementou a contía, pasando do 18% ao 21%. Agora o PSOE négase tamén a reducilo, cando BNG propón que a factura da luz eléctrica, como ben básico, teña unha aplicación dun 4%.

Comentarios
Lo más