Feridos os dous ocupantes dun vehículo tras ser alcanzados por un camión en Boiro

Feridos os dous ocupantes dun vehículo tras ser alcanzados por un camión en Boiro
Foto de archivo
Feridos os dous ocupantes dun vehículo tras ser alcanzados por un camión en Boiro

O accidente ocorreu ao fío das 16:00 horas, no lugar de Comoxo, á altura de Cures

Dúas persoas resultaron feridas esta tarde despois de que o vehículo no que viaxaban fose alcanzado por un camión de chatarra cando trataban de adiantalo.

O accidente ocorreu ao fío das 16:00 horas, no lugar de Comoxo, á altura de Cures, nunha vía secundaria da localidade coruñesa de Boiro. Foi un dos ocupantes do turismo quen a esa hora, solicitaba ao 112 Galicia asistencia sanitaria e unha guindastre. Indicaba que ao tratar de adiantar ao camión, desviouse e os alcanzara.

Ata o lugar desprazáronse nada mais ser alertados polo 112 Galicia, ademais do persoal sanitarios, os axentes de Tráfico, os Bombeiros de Boiro, e os efectivos de Protección Civil.

Os dos feridos foron trasladados polos servizos sanitarios de urxencia ao centro hospitalario de referencia.

Comentarios
Lo más