Choque en Barbadás

Choque en Barbadás
Foto de arquivo

Ocorreu na estrada de Celanova, a N-540, á altura do cruce da autovía

Sobre as 16:30 horas, dúas persoas resultaron feridas en Barbadás (Ourense), ao colidir dous turismos que circulaban pola estrada de Celanova, a N-540, á altura do cruce da autovía.

Tras recibir a chamada dun dos implicados, os xestores do 112 Galicia decontado pasaron aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, Garda Civil de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil da localidade. Ademais, foi precisa a intervención dos Bombeiros de San Cibrao para a limpeza da vía debido ao combustible espallado na estrada a causa do impacto.

O persoal do servizo de limpeza e mantemento da vía e os membros do GES de Pereiro de Aguiar tamén foron informados dos feitos polo 112 Galicia.

Comentarios