Os veciños do Castiñeiriño denuncian os problemas de baixa presión na auga

Os veciños do Castiñeiriño denuncian os problemas de baixa presión na auga
Os veciños do Castiñeiriño denuncian os problemas de baixa presión na auga

O motivo principal das queixas refírese á baixa presión da traída municipal, pero, neste momento, xa non so é esta a problemática, senón que, por momentos, as vivendas quedan totalmente sen auga

O Grupo Municipal Popular vén de recoller as numerosas queixas veciñais por mor do deficiente servizo municipal de augas, que están a soportar os veciños do barrio do Castiñeiriño. O voceiro do Partido Popular en Santiago, Agustín Hernández, destaca que non se trata de cuestións puntuais, senón que xa se veñen presentando denuncias desde hai anos, sobre todo, os habitantes da rúa Merlo e os da súa contorna

O motivo principal das queixas refírese á baixa presión da traída municipal, pero, neste momento, xa non so é esta a problemática, senón que, por momentos, as vivendas quedan totalmente sen auga.

Os veciños transmitíronlle ao Grupo Municipal Popular o seu malestar, posto que as respostas por parte da concesionaria son so evasivas, moitas veces contraditorias, e achacan a ausencia de presión unhas veces a presencia dun gran consumido e outras a avarías que, de maneira puntual, ocorren no servizo.

Nos últimos meses, o problema vense agravando de forma que incluso impídeslle levar a cabo as tarefas máis cotiáns como poñer unha lavadora ou ducharse e, tal como indicábamos anteriormente, por momentos, a zona deixa de ter subministro.

O Grupo Municipal Popular ten recollido queixas, tanto de grupos de veciños como de particulares, que non entenden a resposta da concesionaria, que nega ditas deficiencias e contéstalles aos usuarios que deben ser eles mesmos os que teñen que realizar as obras necesarias para garantir o servizo, segundo o artigo 48 do Regulamento do Servizo de Abastecemento.

Pola súa banda, os veciños lembran que as vivendas afectadas son, maioritariamente, unifamiliares e consideran inconcibible que aos responsables do servizo municipal de augas lles pareza normal que a presión ao inicio dunha rúa da capital de Galicia sexa inferior a 1kg/cm2, unha presión claramente insuficiente e que, lonxe de mellorar, empeorará nos vindeiros meses, tanto polo cambio de estación como pola construción de novos establecementos e vivendas na zona.

Así, os Populares lamentan "a inacción do Goberno de Martiño Noriega, que, como é habitual, non parecen importarlle os problemas dos veciños de Santiago e segue sen ser capaz nin de cumprir acordos plenarios, nin de solucionar as cuestións máis sinxelas da cidade, permitindo, neste caso, a falta de interese da concesionaria e que os santiagueses que viven nesta zona teñan que asumir como normal a ausencia ocasional de auga e a case permanente falta de presión", aseguran.

Comentarios
Lo más