Os veciños do Pombal reclaman unha reforma da rúa e da seguridad vial da zona

Os veciños do Pombal reclaman unha reforma da rúa e da seguridad vial da zona
Os veciños do Pombal reclaman unha reforma da rúa e da seguridad vial da zona

Segundo explicaron no encontro, esta asociación xorde ante a deterioración da rúa do Pombal, unha céntrica vía que bordea a alameda compostelá con problemas de seguranza viaria no relativo ás fochancas

O BNG de Santiago de Compostela mantivo un encontro coa nova asociación veciñal constituída no barrio do Pombal e comprometeuse a defender as propostas para a reforma integral da rúa e de seguranza viaria que reclaman.

Rubén Cela, Navia Rivas e Lois Calvelo, membros da candidatura do BNG, déronlle a benvida aos representantes deste novo colectivo, constituído por máis de 30 persoas, co desexo de que contribúan a dinamizar o barrio do Pombal e se integren no tecido asociativo para mellorar a calidade de vida de Santiago de Compostela.

Segundo explicaron no encontro, esta asociación xorde ante a deterioración da rúa do Pombal, unha céntrica vía que bordea a alameda compostelá con problemas de seguranza viaria no relativo ás fochancas, enlousado levantado das beirarrúas que provoca numerosas caídas, muro lateral con risco de desprendemento por mor da vexetación e cun modelo de iluminación pública obsoleto, ademais de reclamaren un paso de peóns para depositar o lixo nos colectores.

Así, o BNG comprometeuse a defender que se impulse unha reforma integral no Pombal na liña da actuación do Cruceiro do Gaio que realizara o BNG cando tivo responsabilidades no Goberno municipal, co obxectivo de solucionar os problemas de urbanización e de seguranza viaria que sofre a veciñanza deste barrio.

Comentarios
Lo más