Morre unha muller atropelada en Carballo

Morre unha muller atropelada en Carballo
Morre unha muller atropelada en Carballo

Nada máis recibido o aviso, os xestores de emerxencias alertaron aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Carballo

No termo municipal de Carballo, unha muller perdeu a vida nun atropelo na estrada AC-552 ao seu paso pola parroquia de Bértoa.

Todo comezou ao fío das 09:30 horas desta mañá, cando o persoal sanitario comunicaba ao 112 Galicia o desprazamento do helicóptero medicalizado con base en Santiago para atender a unha muller que fora alcanzada por un vehículo. 

Nada máis recibido o aviso, os xestores de emerxencias alertaron aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Carballo. Ademais, informouse aos membros de Protección Civil da localidade.

Malia aos esforzos dos efectivos sanitarios, nada puideron facer por salvarlle á muller.

Comentarios