Resulta ferida en Xinzo de Limia ao colidir un coche e un camión

Resulta ferida en Xinzo de Limia ao colidir un coche e un camión
Foto de arquivo
Resulta ferida en Xinzo de Limia ao colidir un coche e un camión

Sucedeu á altura da saída da A-52, dirección Madrid,  sobre as 17:00

Unha muller resultou ferida despois de colidir o coche que conducía contra un camión cando circulaban á altura da saída da A-52, dirección Madrid, na localidade de Xinzo de Limia. Foi precisa a intervención dos Bombeiros de Xinzo para liberar á muller, que quedou atrapada no interior do turismo.

Nada mais recibir a alerta dun particular, pasados uns minutos das 17:00 horas desta tarde, desde o 112 Galicia púxose en marcha un dispositivo no que, ademais dos servizos sanitarios de urxencia e os Bombeiros tamén participaron os axentes de Tráfico, da Policía Local e e os efectivos de Protección Civil.

Unha vez liberada o persoal sanitario encargouse da súa evacuación. 

Comentarios