Unha muller ferida nun accidente en Carballo

Unha muller ferida nun accidente en Carballo
Foto de arquivo
Unha muller ferida nun accidente en Carballo

Sucedeu sobre as 15:00 horas á altura de Ardaña

Minutos antes das 15:00 horas, unha muller resultaba ferida nun accidente en Carballo. Neste caso tratouse dunha saída de vía, na estrada que une as localidades de Carballo e Santiago, á altura de Ardaña.

Ata o lugar desprazáronse ademais do persoal do 061-Urxencias Sanitarias, os Bombeiros de Carballo que, aínda que non tiveron que facer uso do material de excarceración si colaboraron co persoal sanitario na evacuación da ferida. Así mesmo, tamén os axentes de Tráfico, da Policía Local e os efectivos de Protección Civil acudiron ao punto, tras ser alertados polo 112 Galicia.

Unha ambulancia do 061 trasladou á ferida ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

Comentarios