Boiro rexistra un incendio activo

Boiro rexistra un incendio activo
Boiro rexistra un incendio activo

No control deste incendio están traballando cinco axentes, cinco brigadas, tres motobombas e unha pa

A Consellería do Medio Rural informa dun lume forestal activo arestora no concello coruñés de Boiro, parroquia de Lampón.

O incendio iniciouse ás 23:41 horas de onte e, segundo as primeiras estimacións provisionais, afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. 

Esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada. No control deste incendio están traballando cinco axentes, cinco brigadas, tres motobombas e unha pa.

Comentarios
Lo más