Tres feridos tras unha colisión de dous turismos en Vilagarcía de Arousa

Tres feridos tras unha colisión de dous turismos en Vilagarcía de Arousa
Foto de arquivo
Tres feridos tras unha colisión de dous turismos en Vilagarcía de Arousa

Sucedeu na parroquia de Cornazo sobre as 10:30 horas

No termo municipal de Vilagarcía, tres persoas resultaron feridas ao colidir dous turismos na estrada que une os lugares de Zamar e Lebeira, ao seu paso pola parroquia de Cornazo.

Eran sobre ás 10:30 horas, cando o persoal do 112 Galicia recibiu a chamada de alerta dunha das persoas afectadas no accidente. Con estes datos, os xestores de emerxencias alertaron ao 061-Urxencias Sanitarias, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Vilagarcía. Ademais, púxose o suceso en coñecemento da Policía Local e do persoal do Servizo Municipal de Emerxencias da localidade.

Segundo a información recibida no 112 Galicia, finalmente, tres persoas foron evacuadas polos servizos sanitarios de urxencia ao Hospital do Salnés.

Comentarios