Concerto da Banda de Música de Ordes, hoxe na Casa da Cultura

Concerto da Banda de Música de Ordes, hoxe na Casa da Cultura
Concerto da Banda de Música de Ordes, hoxe na Casa da Cultura

A formación actuará baixo as batutas de catro alumnos do curso de perfeccionamento de Dirección de Banda e servirá como avaliación da dita especialidade musical impatida pola UNED

Hoxe domingo a Banda de Música de Ordes ofrecerá un concerto baixo a dirección de catro alumnos do curso de Perfeccionamento de Dirección de Banda. Concretamente trátase de Óscar López González, Enrique Lagares Rivas, Israel Quintás Alonso e Carlos Tilve González.

O concerto terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Ordes a partir das 19 horas e servirá como proba avaliativa desta especialidade incluída no Ciclo Medio en Dirección de Banda de Música da UNED, organizado pola Escola Galega de Dirección de Banda (EGADIB). Para isto contan coa colaboración da Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes.

O curso de Perfeccionamento en Dirección de Bandas da UNED pretende dar resposta a unha demanda da sociedade musical ante a inxesitencia dunha titulación académica específica de dirección musical de banda.

Ademais do concerto deste domingo cabe sinalar outras datas programadas: O 14 de abril actuará a Banda de Música Popular de Rubiós (Pontevedra) dirixida por Manuel Monteiro, Iván Maia, Arturo Rodríguez e Cristina Blanco. O 4 de maio será o turno para a Agrupación Musical da Limia (Ourense), baixo a batuta de Óscar Prieto, Diego Rodríguez, David Fernández e David González. Por último, o 27 de maio será o turno para a Banda de Música de Moreira do Limia (Portugal), dirixida por José Castro, David Trastoi, Francisco Abal e José Luis Tielas.

Comentarios