Un incendio derrúe unha casa por completo en Pobra de Trives sen causar danos persoais

Un incendio derrúe unha casa por completo en Pobra de Trives sen causar danos persoais
Foto de arquivo
Un incendio derrúe unha casa por completo en Pobra de Trives sen causar danos persoais

Sucedeu sobre as 23:30 no lugar de Sobrado

Un incendio derruíu unha casa na súa totalidade, no concello ourensán de Pobra de Trives. Afortunadamente, ninguén resultou ferido.

Pasaban uns minutos das 23:30 horas da pasada noite, unha persoa particular poñía en alerta ao 112 Galicia. Indicaba que vía saír chamas pola fiestra dunha casa, no lugar de Sobrado, antes de chegar ao cemiterio. Aseguraba que a casa semellaba estar habitada e que o lume estaba na planta baixa.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia púxose en marcha un dispositivo formado polos membros do GES de Castro Caldelas, Garda Civil e polos efectivos de Protección Civil da localidade. Debido a que o lume avanzaba con rapidez e para evitar que se propagase ás casas lindeiras, solicitouse, ademais, a colaboración dos membros de Protección Civil de San Xoán de Río e de Manzaneda. Tamén, persoal do servizo provincial de incendios se achegou ata o lugar para colaborar na extinción.

Ben entrada a madrugada, os servizos de emerxencia daban por finalizadas as tarefas de extinción e confirmaban o arrefriamento da zona.

A casa resultou calcinada por completo e, por sorte, ningunha outra se viu afectada. 

Comentarios
Lo más