Xornadas técnicas de Promoción e difusión da Cutlura do viño no Camiño

Xornadas técnicas de Promoción e difusión da Cutlura do viño no Camiño
Xornadas técnicas de Promoción e difusión da Cutlura do viño no Camiño

A Asociación de Festexos San Miguel de Sarandón organiza unhas xornadas sobre a cultura do viño que contará, entre outros, co chef Yayo Daporta, o periodista Víctor Furelos ou o vicepresidente da D.O. Rías Baixas Julio César Reboredo

Dentro das actividades da trixésimo novena Exaltación do viño da Ulla, a Asociación de Festexos de San Miguel de Sanrandón, coa colaboración do GDR Teras de Compostela, organiza unhas xornadas técnicas sobre a promoción da cultura do viño no Camiño.

Do pasado mércores 27 de marzo e ata o vindeiro sábado 13 de abril, a Casa da Cultura de San Miguel de Sarandón acollerá distintas conferencias, unha xornada dedicada á gastronomía coa presenza do chef Yayo Daporta, ou unha visita á D.O. Ribeira Sacra.

As xornadas contan coa colaboración e o financiamento do GDR Terras de Compostela, entidade colaboradora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), na medida Leader 2014-2020 "promoción e valorización de produtos e recursos do territorio" e pola Xunta de Galicia por medio da Axencia de Turismo de Galicia dentro do programa "O teu Xacobeo". Conta ademáis coa colaboración do concello de Vedra, A Deputación da Coruña, a D.O. Rías Baixas, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Aliemntación e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

A útlima das actividades das xornadas técnicas terá lugar o sábado 13 de abril, o día anterio da XXXIX Exaltación do VIño da Ulla, e consistirá nunha cata pública dos viños da subzona Ribeira do Ulla D.O. Rías Baixas.

Comentarios
Lo más