Dúas persoas feridas, unha delas atrapada, tras colidir dous turismos en Verín

Dúas persoas feridas, unha delas atrapada, tras colidir dous turismos en Verín
Foto de arquivo
Dúas persoas feridas, unha delas atrapada, tras colidir dous turismos en Verín

Sucedeu na OU-113, á altura de Caldeliñas, en Vilamaior do Val

Un choque fronto lateral entre dous vehículos deixou dúas persoas feridas en Verín.

Segundo informaron os Bombeiros de Verín, que acudiron ao lugar nada mais ser alertados polo 112 Galicia, foi preciso o uso do material de excarceración para liberar a unha muller que quedou atrapada nun dos vehículos accidentado.

O Centro de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do accidente, pasados dez minutos das 11:30 horas desta mañá, grazas á chamada dun particular. Indicaba que dous coches que circulaban pola OU-113, á altura de Caldeliñas, en Vilamaior do Val, acababan de colidir e podía haber persoas atrapadas.

A partir de aí, desde o 112 Galicia pasouse aviso ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Verín. Así mesmo, informouse do suceso á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos efectivos de Protección Civil da localidade e ao persoal do servizo de mantemento da estrada.

Unha vez liberada, as dúas persoas feridas foron trasladadas polos servizos sanitarios de urxencia ao centro hospitalario de referencia.

Comentarios