A Banda de Música de Ordes porase este domingo na man de catro directores galegos

A Banda de Música de Ordes porase este domingo na man de catro directores galegos
A Banda de Música de Ordes porase este domingo na man de catro directores galegos

O concerto terá lugra ás 19:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura

Hoxe domingo 31 de marzo, ás 19:00 horas o Auditorio da Casa da Cultura de Ordes acollerá o concerto de avaliación do "Ciclo Medio en Dirección de Banda de Música” da UNED, organizado pola Escola Galega de Dirección de Banda (EGADIB) e coa colaboración da Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes.

Esta actuación será un concerto de avaliación para 4 dos 16 alumnos do curso de perfeccionamento de Dirección de Banda: Oscar López González, Enrique Lagares Rivas, Israel Quintás Alonso e Carlos Tilve González. Unha proba onde os alumnos implementarán todos os recursos e técnicas adquiridas no curso, dirixindo aos músicos da Banda de Música de Ordes.

O curso de Perfeccionamento en Dirección de Bandas da UNED pretende dar resposta a unha demanda da sociedade musical española producida pola gran controversia existente ao non existir ningunha titulación académica nos conservatorios españois que consiga dar unha formación específica ao itinerario formativo da Dirección musical de Banda, a pesar da importante actividade neste campo que existe no noso país.
O coordinador do curso, José Luis Tielas Santiago, destaca a importancia deste curso, xa que os alumnos do ciclo recibiron dende o mes de outubro do ano pasado, clases de prestixiosos mestres e músicos procedentes de Italia, Holanda, Reino Unido, Madrid e Galicia (Nigel Douglas Bostok, Andrea Loss, Jan Cober, José A. Cantal Mariño, Javier Viceiro Filgueira e Francisco J. Andreo Gazquez).

Ademais desta actuación, que supón o primero dos 4 concertos de avaliación do curso, realizaranse os seguintes concertos programados con outras bandas de música galegas e portuguesas:
- 31 de marzo, Banda de Música de Ordes (A Coruña). Dirixen Oscar López, Quique Lagares, Israel Quintas e Carlos Tilve
- 14 de abril, Banda de Música Popular de Rubiós (Pontevedra). Dirixen Manuel Monteiro, Iván Maia, Arturo Rodríguez e Cristina Blanco
- 4 de maio, Agrupación Musical da Limia (Ourense). Dirixen Oscar Prieto, Diego Rodríguez, David Fernández e David González
- 27 de maio, Banda de Música de Moreira do Limia (Portugal). Dirixen José Castro, David Trastoi, Francisco Abal e José Luis Tielas

Comentarios
Lo más