A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no río Sar, no concello de Brión

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no río Sar, no concello de Brión
Foto de arquivo
A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no río Sar, no concello de Brión

Estes traballos de mantemento lévanse a cabo no treito interurbano deste río ao seu paso polo lugar de Chave de Carballo, na parroquia Bastavales

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación no río Sar, no Concello de Brión.

Estes traballos de mantemento lévanse a cabo no treito interurbano deste río ao seu paso polo lugar de Chave de Carballo, na parroquia Bastavales.

As obras céntranse na roza de maleza das marxes e na retirada de árbores e pólas caídas provocando atascos na ponte así como aquelas mortas con risco de caída. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Norte e as súas zonas de acceso e protección.

A Xunta, mediante este tipo de tarefas, continúa realizando traballos na mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.

Comentarios
Lo más